Ir o contido principal

Taller: ¿Qué tipo de enxeñeiro/a queres ser?

05.11.2020 | 12.00h-14.00h

Dirixido a alumnado de Grao en Enxeñería Informática

Ponente: Daniel Turiño (Altia).

Criterios de selección: As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Nº máximo de alumnos: (sen limitación de aforo)

Obxectivo

Durante o transcurso deste taller realizarase unha pequena introdución dos roles máis desempeñados na empresa (Programador/a, Analista, Xefe/a de proxecto, Administrador/a de sistemas, Consultor/a, Comercial / Xerente). Para cada un deles, realizarase unha pequena dinámica, co obxectivo de que os/as estudantes poidan coñecer mellor como funciona unha empresa de informática por dentro.

Cada un destes roles será detallado e resolveranse as posibles dúbidas que xorden sobre o día a día nestes postos.

Por último farase unha pequena introdución a un plan de carreira estándar e daranse a coñecer os pasos necesarios para conseguir o obxectivo de cada rol.

Lugar de inscrición

Enviar correo electrónico a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) cos seguintes datos: Nome, Titulación, Curso, (ata o día 2 de novembro ás 12 horas). Confirmarase a admisión por correo electrónico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2021.