Ir o contido principal

Faíscas Culturais

O teatro como ferramenta educativa

27.03.2023 | 16.00h

Unha nova vaga de conversas arredor de Shakespeare acende a reflexión e o debate arredor dos textos do autor nas aulas e espazos da USC

Unha nova vaga de conversas arredor de Shakespeare acende a reflexión e o debate arredor dos textos do autor nas aulas e espazos da USC
Unha nova vaga de conversas arredor de Shakespeare acende a reflexión e o debate arredor dos textos do autor nas aulas e espazos da USC

O programa 'Faíscas Culturais' leva á Facultade de Formación do Profesorado unha nova conversa arredor da última produción do Centro Dramático Galego (CDG) Shakespeare en Roma, unha creación teatral que tece unha versión condensada dos textos, Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coroliano (1609) nos que xenio inglés sitúa a acción no Imperio Romano para, desde o seu tempo, reflexionar sobre o poder.

A dramaturga Ana Carreira participa neste faladoiro arredor do seu traballo na peza Xulio César que pretende achegar a futuras/os mestras/es a dimensión educativa do teatro coa finalidade de que coñezan mellor tanto as características desta expresión artística como as súas potencialidades nas aulas. 

Cristina Martínez Teijero coordina esta conversa especialmente dirixida ao alumnado de Literatura Infantil e Dramatización que se desenvolverá o día 27 de marzo ás 16.00 horas na Aula 29 da Facultade de Formación do Profesorado. O evento está tamén aberto á comunidade universitaria.

Shakespeare en Roma

O espectáculo Shakespeare en Roma nace como una oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o periodo Isabelino e a Roma Clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes.

Con dirección de Rui Madeira, María Barcala, Xúlio Lago, Sara Rey e Quico Cadaval, poranse en escena versións destiladas das catro pezas a través do ollar de catro dramaturgos e dramaturgas. Versións condensadas en 35 minutos cos que compartir co público de hoxe a reescrita dos textos shakespearianos co foco posto nalgunha das personaxes secundarias presentes nos orixinais.

As catro pezas poranse en escena en no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela para achegar ao público ao ambiente isabelino no que se escribiron os orixinais. Un xogo escénico no que oito intérpretes darán vida ás diferentes personaxes nunha posta en escena de proximidade.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2023.