Ir o contido principal

Ciclo 'Burbullas Creativas'

Telémaco presenta os temas do seu novo disco, 'LUME', no Vello Cárcere

10.09.2020 | 21.00h

Vello Cárcere

O concerto da banda luguesa, incluído na programación das 'Burbullas creativas' do Lugo Cultural cun aforo limitado a 30 persoas e as entradas despáchanse de balde este mércores de 10.00 a 13.30 na Vicerreitoría de Lugo

Cartaz do concerto de gravación do disco 'LUME'
Cartaz do concerto de gravación do disco 'LUME'

A formación de música electrónica Telémaco presentará este xoves, a partir das 21.00 horas, no Vello Cárcere de Lugo, os temas que forman parte do seu novo disco ‘LUME’, no marco dun concerto ao vivo incluído nas ‘Burbullas creativas’ promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural e durante o que esta banda luguesa gravará o que xa é o seu cuarto traballo discográfico.

‘LUME’  é un álbum dedicado aos elementos telúricos no que se compilan achegas creativas moi diversas. De feito, o último traballo de Telémaco conta con música de Mike Rolling, Dr.Think & Narci Rodríguez, ademais de samples cedidos por Oliver Laxe e Xabi Font. Tamén participan neste disco Ricky Hombre Libre, Biyi, La sombra del humo, Dj Koo, WALP, P Leyenda, La cochina electrónica, Yugen Kala, Gran Purismo, Zambrana e Arturo Vaquero.

O concerto ten un aforo máximo limitado a 30 persoas para adaptarse á normativa aprobada por mor da pandemia causada pola COVID-19. As persoas interesadas en asistir ao concerto poderán retirar de balde os convites este mércores, de 10.00 a 13.30 horas, nas dependencias da Oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2020.