21.05.2021 | 12.00h
Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

A conferencia 'A terceira etapa de expansión da pesca española: Pescanova e o modelo de desenvolvemento pesqueiro (1960-1986)' será impartida por Jesús Girández (USC-GESPIC) na Aula 13 da Facultade de Historia.
Para reservar praza neste evento, organizado polo grupo de investigación da USC HISTAGRA, debes inscribirte en histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es), e tamén podes seguir a sesión en liña a través da seguinte ligazón.