O titulado en Historia e xestor de redes sociais Javier Rego aborda o luns os novos paradigmas da difusión cultural na apertura dun ciclo de relatorios sobre comunicación institucional

A posta en marcha das contas na rede social Tik Tok da Rede Museística Provincial de Lugo, unha iniciativa pioneira en toda Galicia, centrará este luns a primeira sesión do ciclo 'Comunicación Cultural e Institucional para os novos tempos'.
Este programa de relatorios, dirixido ao alumnado da materia Protocolo e Comunicación Institucional do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da Facultade de Humanidades, continuará os días 14 e 21 de decembro con dúas novas sesión nas que os xornalistas Pablo González e José Casás falarán sobre o deseño de actos de promoción dos primeiros treitos do AVE a Galicia, así como doutras iniciativas de éxito desenvolvidas na contorna dixital polas administración públicas.