22.03.2022 | 12.00h
Debido ás limitacións da capacidade do Salón Nobre habilitaranse pantallas no Claustro do Colexio de Fonseca para aquelas persoas que non poidan acceder ao seu interior
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá o martes 22 de marzo ás 12.00 horas a toma de posesión do profesor Antonio López como reitor da USC e do seu equipo.
Prégase ás persoas que teñan confirmada a súa asistencia que se presenten no salón cunha antelación mínima de 20 minutos.
O acto será emitido en directo a través da Canle Youtube da USC