Ir o contido principal

Toma de posesión de Antonio Míguez Macho como decano da Facultade de Xeografía e Historia

18.02.2025 | 13.00h

Paraninfo da Universidade

Antonio Míguez, diante da Facultade. Foto: Santi Alvite
Antonio Míguez, diante da Facultade. Foto: Santi Alvite

O profesor Antonio Míguez Macho tomará posesión o martes 18 do seu cargo como decano da Facultade de Xeografía e Historia. A cerimonia presidiraa o reitor Antonio López ás 13:00 horas no Paraninfo da Universidade.

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e foi investigador postdoutoral en The London School of Economics and Political Science, ademais de contratado Marie Curie e Ramón y Cajal na USC. Na actualidade, é profesor titular de Historia Contemporánea e vicedecano da Facultade de Xeografía e Historia da USC co actual equipo decanal. Forma parte do Grupo de Investigación HISTAGRA e tamén do CISPAC.

O seu equipo decanal está conformado por Jesús Horacio García García, profesor titular no Departamento de Xeografía; Mª Dolores Barral Rivadulla, profesora titular no Departamento de Historia da Arte, e por Manuel Costa Casais, profesora contratada doutora no Departamento de Xeografía.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2025.