Ir o contido principal

Toma de posesión do decano de Matemáticas

04.07.2025 | 13.00h
Facultade de Matemáticas. Foto: Santi Alvite
Facultade de Matemáticas. Foto: Santi Alvite

O catedrático de Análise Matemática da USC, Alberto Cabada, tomará posesión do seu cargo como decano da Facultade de Matemáticas o venres 4 de xullo ás 13.00 horas nun acto que presidirá o reitor da USC, Antonio López, na propia facultade e no que tamén participará a anterior decana, a profesora Elena Vázquez Cendón.

O profesor Cabada é membro do departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización e investigador asociado ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga). As súas investigacións están fundamentalmente centradas no estudo da existencia de solucións de Ecuacións Diferenciais Ordinarias, con especial fincapé no estudo das propiedades das denominadas funcións de Green.

Nesas liñas de traballo é co-autor dunhas 190 publicacións recollidas no JCR e de tres monografías. Dirixiu sete teses de doutoramento e colabora en consellos editoriais de varias revistas indexadas no JCR.  Anteriormente ocupou os cargos académicos de secretario da Facultade de Matemáticas, director do departamento de Análise Matemática e director d

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2025.