Ir o contido principal

Toma de posesión do decano de Medicina e Odontoloxía

19.06.2025 | 13.00h
Facultade de Medicina e Odontoloxía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Medicina e Odontoloxía. Foto: Santi Alvite

O profesor José Martín Carreira Villamor tomará posesión como decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía nun acto oficial que, presidido polo reitor Antonio López, terá lugar o 19 de xuño ás 13.00 horas no Salón de Actos da Facultade. Na sesión tamén intervirán o decano saínte, Julián Álvarez, e a secretaria xeral da Universidade, Dulce María García Mella. Quen ata o de agora era vicedecano de Docencia da Facultade, foi elixido decano o pasado 9 de maio e estará acompañado no seu mandato por un equipo conformado por María Jesús Mora Bermúdez, María Jesús Tabernero, Angela Torres e Álvaro Hermida Ameijeiras. 

José Carreira

Carreira leva co dirixidas 14 teses doutorais e titorizado 176 TFG e é autor de medio cento de capítulos de libros tanto estatais como estranxeiros e o volume Diagnóstico y Terapéutica Endoluminal. Radiología Intervencionista no que participaron máis de 170 colaboradores de todo o mundo. Interveu ademais nun proxecto no que conflúen a análise de imaxe e a radioloxía vascular que culminou con varias publicacións entre as que destaco a publicada na revista Medical Image Analysis, que supón unha das primeiras aproximacións ao diagnóstico automatizado en imaxe médica.

Carreira é membro da Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM), da Sociedade Española de Radioloxía Vascular e Intervencionista (SERVEI), da European Society of Radiology (ESR) e da Cardiovascular and Interventional Radiological Society of Europe (CIRSE). Ten participado en 31 proxectos de investigación financiados, 30 contratos de investigación con empresas e dous patentes.

En 2018 obtivo o Premio á Profesión en Radioloxía outorgado pola Sociedade Española de Radioloxía Médica e en 2020 o Barrié de la Maza como primeiro asinante dun traballo de Investigación Médica. É ademais académico correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2025.