23.04.2021 | 13.00h
O evento terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, con aforo limitado

O vindeiro día 23 terá lugar a toma de posesión de Marco Virgilio García Quintela como decano da Facultade de Xeografía e Historia.
A asistencia presencial ao acto estará limitada pola capacidade da sala en cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias.
Non obstante, o evento poderá seguirse telematicamente premendo nesta ligazón.