16.02.2023 | 12.00h-13.00h
Coordinado polo grupo Hispona

A Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle o xoves 16 de febreiro un novo seminario organizado polo grupo Hispona. Antonio Muñoz Sánchez, investigador do Instituto de Ciências Sociais da Universidade de Lisboa ofrecerá o relatorio 'Traballadores españois e galegos na Europa de Hitler (1940-1945). Historia, xustiza e (des)memoria'.
A actividade desenvolverase a partir das 12.00 horas na Aula 7 e está aberta a toda a comunidade universitaria.