Esta iniciativa forma parte do Plan de Animación Sociocultural en Prisión do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), coordinado pola Asociación Aliad Ultreia e o Grupo de investigación SEPA-interea da USC

'O traballo colaborativo de equipos na creación e articulación de sinerxías' é o relatorio que pecha o Seminario 'Educacións en prisión. Sinerxías de acción educativa', e será impartido polo profesor Dámaso Rodríguez Fernández, da USC, de 17.00 a 18.30 horas. De 18.30 a 20.00 terá lugar o obradoiro 'A toma de decisión grupal'.
Nesta segunda edición do seminario focalízase na potenciación de sinerxías no desenvolvemento de procesos educativos favorecedores da reinserción social da poboación reclusa, posto que o escenario xeral non amosa evidencias satisfactorias da capacidade re-educativa dos centros penitenciarios.
O obxectivo é, polo tanto, a reivindicación do valor máximo da educación para a reinserción, así como do recoñecemento das entidades que desenvolven o seu traballo nas prisións galegas e a necesidade de consolidar unha rede que as fortaleza.