A sección tradicional galega do Espazo de Danza da USC promove esta actividade que conta coa colaboración da Aula de Música Tradicional da Universidade de Vigo e a Cía SanTango

A Universidade de Santiago de Compostela celebra o primer Tradi-Fest co obxectivo de favorecer o diálogo cultural entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica,
O Espazo de Danza da USC, a Aula de Música Tradicional da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra e a Cía. SanTango únense o 16 de xuño nunha actuación conxunta que promove a interrelación de intérpretes de música e danza tradicionais e a difusión da riqueza cultural destas disciplinas.
Os seus instrumentos e os seus corpos ofrecerannos pezas ben coñecidas da música tradicional galega, como a Alborada de Ourense, o Merengue de Carelle, o Valse do Miro , a Muiñeira de Aranga, a Foliada de Carril, o Tango de Mallou, o Pasodobre de San Roque, Loliña, As miñas cousas ou o Pasacorredoiras de Arnoia.
O evento terá lugar ás 19.30 horas no Xardín das Pedras que Falan, situado na parte traseira do Pazo de Fonseca.