Santiago de Compostela
A profesora da Universidade de Oviedo Cecilia Díaz Méndez imparte este seminario sobre a socioloxía do consumo e a alimentación

O próximo xoves 23 de febreiro, o Grupo Histagra en colaboración co CISPAC organiza o seminario 'Transformacións e rupturas no modelo alimentario español', que será impartido pola profesora da Universidade de Oviedo, Cecilia Díaz-Mendez, socióloga e especialista en consumo e alimentación.
Díaz-Mendez foi unha das artífices da Enquisa Nacional de Hábitos Alimentarios (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, 2013), e aplicou os seus coñecementos a estudos sociais, como os de Alimentación en Tempos de Crise realizados para Cruz Vermella Española co apoio da Fundación Alimerka (2014) ou o informe de UNICEF Asturias en 2015.
A actividade comeza ás 12.00 horas no Seminario 103 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura). A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala e tamén é posible seguir o relatorio a través de MS TEAMS.