02.12.2021 | 12.30h
Organizada polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares

O CiQUS programa unha nova conferencia da man do profesor Igor Larrosa (Universidade de Manchester) como relator convidado.
Baixo o título "Transition metal catalyzed C-H activation: reactivity and selectivity control and late-stage functionalization" a conferencia impartirase o vindeiro xoves, 2 de decembro ás 12.30 na Sala de Seminarios, cuxa capacidade está limitada a 40 persoas.
A conferencia tamén será emitida en liña a través de zoom. Para asistir de forma virtual, é preciso inscribirse na ligazón inferior.