15.05.2024 | 19.00h

‘A travesía vital da educadora heroica María de Maetzu Whitney’ é o título da conferencia que a asociación Alumni USC organiza para o vindeiro mércores, 15 de maio, ás 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.
O relatorio sobre a ilustre humanista e pedagoga correrá a cargo de María Curros Ferro, docente de lingua galega do IES O Ribeiro de Ribadavia e doutora en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid, ademais de vogal da asociación organizadora.
