Auditorio municipal 'Gustavo Freire'
O concerto da formación galega comeza ás 20.00 horas. O aforo é limitado e as persoas interesadas aínda poden reservar entradas a través do correo cultura.lugo@usc.es

O grupo de música galego Triángulo de Amor Bizarro presenta este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo o seu último traballo, no concerto de apertura do ciclo Lubicán, programado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O quinto álbum de Triángulo de Amor Bizarro, “o primeiro disco de pop contemporáneo da formación”, tal e como o definen os membros do grupo, é un traballo musical no que os integrantes desta formación intentan transmitir as súas emocións actuais, transformadas e distorsionadas a través da tecnoloxía.
O último disco de Triángulo de Amor Bizarra, un dos grupos da escena indepedendente iberoamericana máis respectados e reivindicados na última década, é unha nova produción de Carlos Fernández na que se recollen todas as virtudes dunha formación que aspira a comezar un novo camiño a partir deste álbum.