Ir o contido principal

Homenaxe

Tributo da RAG a Xosé Ramón Barreiro Fernández

17.03.2022 | 17.00h

En liña

O acto poderá seguirse en liña

Cartel do foro
Cartel do foro

A Real Academia Galega (RAG) renderalle homenaxe ao que fora catedrático da USC Xosé Ramón Barreiro Fernández o vindeiro 17 de marzo, cadrando co primeiro cabodano do historiador e presidente da RAG durante case unha década (2001-2009). O acto reunirá a compañeiros e discípulos do académico e rematará cunha actuación musical da violenchelista Margarida Mariño. Poderá seguirse en liña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2022.