Ir o contido principal

Ciclo de concertos adicado a F. Schubert

Trío de piano D 28 e A troita, quinteto para piano e corda D 667

04.05.2021 | 20.30h

Paraninfo da Universidade

Evento organizado pola Área de Cultura da USC e a Deputación da Coruña

Cartel do evento
Cartel do evento

No quinto concerto, o ciclo de concertos adicado a F. Schubert ofrece o Trío de piano D 28 en Si b M e A troita, quinteto para piano e corda D 667 en La M. O evento contará cos intérpretes Ensemble Novecento; Ildikó Oltai ao violín, Joana Ciobotaru á viola, Millán Abeledo Malheiro ao chelo, Javier López Jorge ao piano e Carlos Méndez ao contrabaixo.

En aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a este concerto deberán reservar plaza (máximo dúas por persoa) enviando un correo electrónico a area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es), indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono desde unha semana antes do concerto ata o día do concerto ás 12.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2021.