Ir o contido principal

Ucraína na II Guerra Mundial (1941-1945)

16.03.2022 | 19.00h

Santiago de Compostela
Aula 10

Conferencia organizada por alumnado da Facultade de Xeografía e Historia

Conferencia 'Ucraína na II Guerra Mundial'
Conferencia 'Ucraína na II Guerra Mundial'

A aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia acollerá o mércores, día 16 de marzo ás 19.00 horas, a conferencia 'Ucraína na II Guerra Mundial (1941-1945). Entre a colaboración e a resistencia', que impartirá o profesor da USC Xosé Manoel Núñez Seixas.

A asistencia é de balde previa inscrición no correo pablo.lopez.munoz [at] rai.usc.es (pablo[dot]lopez[dot]munoz[at]rai[dot]usc[dot]es).

Xosé Manoel Núñez Seixas

Doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia (1992) cunha tese sobre a cuestión das nacionalidades na Europa de entreguerras dirixida polos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf (publicada no 2001 como Entre Ginebra y Berlín. La cuestión de las minorías nacionales y la política internacional en Europa, 1914-1939, Madrid: Akal). Foi profesor titular de Historia Contemporánea na USC (1994-2007) e é catedrático de Historia Contemporánea dende outubro de 2007. Entre outubro de 2012 e setembro de 2017 estivo en situación de excedencia temporal para ocupar a cátedra de Historia de Europa nos séculos XIX e XX na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. Na actualidade é tamén vicepresidente do Consello da Cultura Galega (consellodacultura.gal), onde dirixe o Arquivo da Emigración Galega.

Os seus ámbitos de investigación  abranguen, entre outros: movementos nacionalistas europeos en perspectiva comparada; nacionalismos galego, vasco e catalán; a cuestión nacional na Europa de entreguerras; o nacionalismo español no século XX; identidades locais, rexionais e territoriais en España e Europa nos séculos XIX e XX; historia cultural da guerra e da violencia, con especial referencia á guerra civil española e a fronte rusa durante a Segunda Guerra Mundial; a emigración española cara América Latina , séculos XIX y XX, con especial referencia á emigración galega; historia transnacional dos nacionalismos, do fascismo e das identidades políticas; historia e memoria na Europa do século XX.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2022.