Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

Cristina Manzano, analista política e xornalista, será a responsable de impartir esta charla, na que abordará o futuro da Unión Europea tras facer fronte á pandemia provocada polo COVID-19. Poderase acceder á conferencia o xoves 30 de abril, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.
Ao remate da intervención da experta terá lugar un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.