Ir o contido principal

Ultra-Violetas II: Camiñando Xuntas cara á Igualdade na Academia

14.02.2023 | 19.00h-21.00h

Santiago de Compostela
Aula 1

O Grupo de divulgacion Luzada organiza este encontro para conmemorar o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Ultra-Violetas II: Camiñando Xuntas cara á Igualdade na Academia
Ultra-Violetas II: Camiñando Xuntas cara á Igualdade na Academia

A xornada afondará nos desafíos que as mulleres teñen que afrontar ao longo da carreira científica ou académica. O evento consta de pequenas charlas introdutorias á perspectiva de xénero no eido CTEM, nas que as relatoras describirán a súa actividade en distintas asociacións, explicando como se pode traballar pola igualdade.

Na segunda parte, desenvolverase un obradoiro interactivo, no que á audiencia se separará en tres pequenos grupos que poderán debater, guiados por cada unha das relatoras, sobre a situación das mulleres na ciencia.' Que fai que as nenas se interesen menos pola Física, a Enxeñería ou a Informática? Que podemos facer para mudar esa tendencia? Por que son necesarias as referentes?'  Estas son algunhas das preguntas ás que se buscará dar resposta coa colaboración de Guadalupe Jiménez Esquinas, profesora de Antropoloxía na USC;  Andrea Rodríguez Antón, investigadora en astronomía cultural no INCIPIT-CSIC; e Carmen Lago López, investigadora no departamento de Física Aplicada da USC, integrante da área de mulleres de Óptica e Fotónica de SEDOPTICA. 

A participación é de balde ata completar capacidade.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2023.