Ir o contido principal

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

'Ultra-Violetas. Os retos da Muller na Ciencia'

11.02.2022 | 16.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Organizado polo Grupo de Divulgación Científica USCOPTICA-USCEPS

Xornada 'Ultra-Violetas. Os retos da Muller na Ciencia'
Xornada 'Ultra-Violetas. Os retos da Muller na Ciencia'

Con motivo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a Facultade de Física da USC acollerá o venres, 11 de febreiro, a xornada 'Ultra -Violetas. Os retos da Muller na Ciencia', un programa de conferencias que contará coas intervencións de  Ana Xesús López, presidenta do nodo galego da asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas (AMIT); María de la Fuente, doutora en Farmacia, coordinadora e directora executiva de DIVERSA Technologies; Gudalupe Jiménez, profesora do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC; Mariama Mussa, doutora en Física; e Irene Romo, estudante de mestrado do CiQUS. 

A sesión desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Física das 16 ás 17.30 horas e será tamén retransmitida en directo a través de Twitch.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2022.