Ir o contido principal

Unidade móbil de doazón de sangue no Campus de Lugo

25/02/2025 9.30-14.30h e 15.30-21.00h
Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día. FOTO: Santi Alvite
Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día. FOTO: Santi Alvite

A Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue de Galicia (ADOS) sitúa unha das súas unidades móbiles de doazón de sangue este martes 25 de febreiro diante do edificio central da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, en horario e 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.

Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día para asegurar a total cobertura de necesidade deste recurso vital. Coa fin de cubrir esa demanda cada ano realízanse campañas de doazón por toda a xeografía galega, con especial atención aos campus universitarios nos que se conseguen case 5.000 doazóns anuais do seu estudantado. Destas, a USC sitúase á cabeza co 40% do total entre os seus campus de Santiago e Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2025.