08.10.2024-09.10.2024 | 09.30h-21.00h

A Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue de Galicia (ADOS) sitúa unha das súas unidades móbiles de doazón de sangue este mércores 9 de outubro diante da cafetería das facultade de Bioloxía e Matemáticas, en horario e 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.
Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día para asegurar a total cobertura de necesidade deste recurso vital. Coa fin de cubrir esa demanda cada ano realízanse campañas de doazón por toda a xeografía galega, con especial atención aos campus universitarios nos que se conseguen case 5.000 doazóns anuais do seu estudantado. Destas, a USC sitúase á cabeza co 40% do total entre os seus campus de Santiago e Lugo.