Ir o contido principal

Ciclo cultural 'Proxecto Lorca'

‘A universalidade da obra de Federico García Lorca dende unha óptica interdisciplinar: un diálogo entre a música, a literatura e os debuxos’

20.11.2020 | 20.30h

Casa do Saber

Iniciativa promovida pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Campus Terra en lembranza da primeira visita realizada por García Lorca a Galicia en 1916

Cartel do evento
Cartel do evento

A sesión intercultural ‘A universalidade da obra de Federico García Lorca dende unha óptica interdisciplinar: un diálogo entre a música, a literatura e os debuxos’ contará co músico Samuel Diz e co poeta e especialista en García Lorca Mario Hernández. Así, o primeiro interpretará composicións axudado dunha copia facsímil da guitarra de Federico García Lorca, acompañado das explicacións e aclaracións que fará Hernández sobre a obra artísica deste integrante da Xeneración do 27.

Para reservar a túa praza debes enviar un correo a cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es) a partir do venres anterior a cada evento, facilitando o teu nome completo, DNI e teléfono. As reservas recibirán confirmación e todos os eventos serán retransmitidos por streaming.

O ciclo cultural 'Proxecto Lorca' é unha viaxe arredor da figura e da pegada que deixou García Lorca en Galicia, tanto a través da súa escrita como tamén da súa vida cultural no primeiro terzo do século XX.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2020.