Ir o contido principal

Presentación do libro

'A universidade retratada. Jules David-Cavaz en Galicia (1882)'

23.03.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo

O reitor Antonio López presidirá o acto de presentación deste volume de Carlos Castelao, editado polo Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS), o Servizo de Publicacións da USC e Alvarellos Editora

Presentación do libro 'A Universidade retratada'
Presentación do libro 'A Universidade retratada'

O mércores, 23 de marzo ás 12.00 horas, o Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, acollerá a presentación do libro A universidade retratada. Jules David-Cavaz en Galicia (1882), de Carlos Castelao. 

 Trátase dun volume editado polo Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS), o Servizo de Publicacións da USC e Alvarellos Editora que pretende sacar á luz as fotografías máis antigas da Universidade de Santiago, realizadas en 1882 polo primeiro gran fotógrafo europeo.

O acto será presidido polo reitor Antonio López, e contará coa presenza do autor do libro, Carlos Castelao, e da directora do Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS), Désirée Mª Domínguez Pallas. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2023.