Ir o contido principal

‘Vacún de carne a pasto, unha oportunidade económica?

O coordinador do grupo operativo Carne de Vacún a Pasto, Xan Pouliquen, abrirá a sesión o xoves 23, a partir das 16.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria. A presentación dunha análise da rendibilidade, a cargo de Iban Vázquez, e un coloquio sobre o sector moderado por Mar Pérez Fra completan a xornada

Vacas nunha pradeira
Vacas nunha pradeira

As oportunidades económicas que deparan as explotacións de vacún de carne a pasto centrará a  temática do coloquio que se celebrará o 23 de novembro, a partir das 16.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC.

O coordinador do grupo operativo Carne de Vacún a Pasto, Xan Pouliquen, abrirá a sesión cunha introdución ao debate, trala que o profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Ibán Vázquez González fará unha análise da rendibilidade que ofrece a produción de carne.

A viabilidade e a rendibilidade das explotacións de vacún de carne, cuxa alimentación animal está baseada fundamentalmente no aproveitamento dos pastos, centrará de seguido un coloquio moderado pola profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC na EPSE Mar Pérez Fra, no que intervirán como relatores o gandeiro Abel Fernández López, a profesora dá área de Produción Animal na Facultade de Veterinaria da USC Ruth Rodríguez Bermúdez e o investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) Santiago Crecente Campo.

Cartaz do programa sobre vacún de carne a pasto
Cartaz do programa sobre vacún de carne a pasto
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2023.