Ir o contido principal

Conferencia de Lucía Freitas no CISPAC

'Vangarda Primaria. Cociñando o territorio'

23.01.2023 | 11.00h-13.00h

Lucía Freitas ofrece no CISPAC unha conferencia na que explora o potencial identitario da terra galega na cociña

A chef Lucía Freitas ofrece no CISPAC unha conferencia sobre o potencial identitario do territorio na cociña
A chef Lucía Freitas ofrece no CISPAC unha conferencia sobre o potencial identitario do territorio na cociña

O vindeiro luns 23 de xaneiro, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) recibe a chef compostelá Lucía Freitas, xefa de cociña do restaurante A Tafona, galardoado, entre outros recoñecementos, cunha estrela Michelin 2018 e 2 Soles na Guía Repsol. 

Durante a súa intervención, a chef presentará as principais liñas conceptuais que vertebran o seu traballo, o que ela mesma define como Vangarda Primaria, unha filosofía que tenta poñer en valor na alta cociña o potencial identitario da súa terra, poñendo a mirada no esencial e reivindicando o papel das verdadeiras protagonistas do ecosistema gastronómico galego (produtoras, vendedoras e cociñeiras).  

Así mesmo, presentará o proxecto ‘Amas da Terra’, que está a dar os seus primeros pasos e que pretende facer unha homenaxe de xustiza á cadea de valor do sostén da gastronomía de Galicia e de todas as gastronomías do mundo: as mulleres facedoras, produtoras, cociñeiras, gandeiras, mariscadoras, emprendedoras e sabias do rural.  

O evento terá lugar dende as 11.00 h na Aula 10 do Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago, sede do CISPAC.

A entrada é libre e de balde, previa confirmación de asistencia no enderezo cispac.xestion [at] usc.es (cispac[dot]xestion[at]usc[dot]es)  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.01.2023.