Ir o contido principal

Conferencia

'Variación subindividual en plantas', a cargo de Carlos M. Herrera

04.03.2020 | 12.00h

O premio europeo de Ecoloxía e o único científico español que recibiu até o momento esta distinción, Carlos M. Herrera, é o protagonista do relatorio titulado ‘Variación subindividual en plantas’ que acolle a Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC o vindeiro mércores, 4 de marzo a partir das 12.00 horas.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

Carlos M. Herrera é profesor de Investigación no CSIC, Estación Biolóxica de Doñana, ademais dun dos ecólogos máis recoñecidos do mundo e un dos 13 españois máis citados en calquera área científica. Ten un gran número de premios internacionais no seu haber ademais de ser o único español co Haeckel Price da Fundación Europea de Ecoloxía en 2017.

Cun profundo coñecemento das interaccións entre especies, entre plantas e animais, revolucionou o estudo dos polinizadores e tamén o da epixenética aplicada á ecoloxía axudando a entender mellor a velocidade da evolución e como as especies se adaptan para dar lugar a outras novas.  
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.03.2020.