Ir o contido principal

‘A veterinaria en proxectos de conservación de aves ex situ’, a cargo de Mar Carrasco

03/05/2023 - 19.15 horas

Sala de Xuntas

A directora internacional de Reneco Wildlifes Consultants participa este mércores, ás 19.15 horas, nunha nova sesión do ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria!’

Facultade de Veterinaria
Facultade de Veterinaria

A directora internacional veterinaria de Reneco Wildlifes Consultants, Mar Carrasco, participa este mércores, ás 19.15 horas, nunha nova sesión do ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria!’, tal e como se coñece o programa de periodicidade mensual promovido desde a Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC para facer visibles as diferentes saídas profesionais da titulación, debater sobre as actuais demandas laborais, descubrir as oportunidades menos coñecidas e, sobre todo, compartir experiencias “vitais” e a paixón pola profesión veterinaria.

A veterinaria Mar Carrasco, que en 2006 completou a súa titulación no centro universitario lugués, será a protagonista do webinario programado este mércores, unha sesión na que ofrecerá o relatorio ‘A medicina veterinaria en proxectos de conservación de aves ex-situ’. Na súa intervención, Carrasco falará do traballo en proxectos de conservación de aves que vén desenvolvendo en centros situados en Abu Dhabi, Kazajistan, Uzbequistan, Qatar, Kuwait e Marrocos. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2023.