Ir o contido principal

Xornada de demostración tecnolóxica

VI edición 'Inside the Lab' do CiTIUS

O encontro está concibido para xerar valor na industria e na administración a partir de resultados científicos de alto impacto

Cartel do evento
Cartel do evento

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) reforzará a súa estreita relación con empresas e administracións coa VI Xornada de Demostración Tecnolóxica ‘Inside the lab’, que este ano desenvolverase en liña por mor da COVID-19. Once demostradores tecnolóxicos e tres spin-offs integran a oferta deste ano.

O evento repite como encontro de referencia perante os distintos axentes do tecido socioeconómico, co propósito de amosar aos representantes de organizacións públicas e privadas as oportunidades que presentan os resultados de investigación máis recentes do centro.

Ao longo desta xornada atoparase unha selección de tecnoloxías en avanzado estado de desenvolvemento, listas para ser transferidas á industria e á sociedade. O evento virtual realizarase a través de salas de videoconferencia e require inscrición previa (antes do 26 de novembro ás 15.00 horas) a través desta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2020.