Ir o contido principal

Encontro en liña

VI Encontro de Educación Emocional e Social 'ENMENTE 6'

02.11.2021 | 19.00h

Presencial/ en liña

Evento organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC), xunto co Instituto de Ciencias da Educación da USC (ICE)

Cartel do evento
Cartel do evento

O VI Encontro de Educación Emocional e Social 'ENMENTE 6' pretende contribuír ó coñecemento e xestión das emocións, ó desenvolvemento de estratexias de regulación emocional, automotivación e liderado, tanto no eido persoal coma no profesional, así como á mellora das habilidades comunicativas e de escoita que permitan comprender as emocións das outras persoas.

Esta sexta edición celebrarase o 2,3,4 e 6 de novembro e será en formato virtual e presencial. Os tres primeiros días terá lugar o ciclo de webinars en formato online e o 6 de novembro celebraranse dúas conferencias presenciais na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, con aforo limitado para asegurar as distancias de seguridade así como para acadar unha metodoloxía dinámica e participativa, centrada na persoa, pero cun enfoque grupal, cooperativo e reflexivo.

O período de inscrición xa está aberto. A entrada completa, que inclúe os obradoiros online e presenciais, ten un custe de 35€ e no caso dos estudantes será de 15€ (xustificando tal condición). A entrada parcial para os obradoiros online ten un custe de 15€.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2021.