A Rede ‘Libera Res Publica’ que reúne todos os historiadores e historiadoras españois que traballan na República Romana, organiza os días 6 e 7 de outubro na USC o seu sexto seminario, que conta co apoio do Instituto de Humanidades (iHUS), o grupo Síncrisis e o programa Oportunius.
O seminario inaugurarase o luns 6 ás 9.15 horas nun acto que presidirá a directora do iHUS, Laura Lojo, e que continuará coa conferencia inaugural ‘Un intervento antiquario
per risolvere un problema contemporaneo’ a cargo de Valentina Arena, profesora da Universidade de Oxford’.
O evento, a desenvolver na Sala de debates do Centro de Estudos Avanzados (CEA), reunirá ao longo de dúas sesións persoal experto de toda España así como de Suíza e Chile que pronunciará relatorios, paneis de discusión e participará en tres mesas redondas sobre ideoloxía, conectividade e diplomacia na República Romana dende múltiples perspectivas. A xornada conta ademais cunha sección na que doutorandos presentarán algunhas das súas investigacións.