Ir o contido principal

Seminario

Que é a vida?

30.06.2022 | 12.00h

MS TEAMS
Facultade de Bioloxía da Universidade Autónoma de Madrid

O profesor Jaime Gómez Márquez, catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC, imparte este seminario organizado pola Universidade Autónoma de Madrid

O seminario 'Que é a vida?' poderá seguirse a través de MS TEAMS
O seminario 'Que é a vida?' poderá seguirse a través de MS TEAMS

O seminario 'Que é a vida', impartido polo catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC, Jaime Gómez Márquez, desenvolverase o xoves 30 de xuño ás 12.00 horas na Facultade de Bioloxía da UAM e pode seguirse en liña a través de MS TEAMS

Na súa exposición, o investigador sostén que grazas aos enormes avances da Bioloxía, hoxe en día coñecemos moito mellor como son e como funcionan os seres vivos pero, a pesar diso e á diferenza doutras ciencias, esta disciplina aínda carece dun marco teórico propio necesario para comprender plenamente o fenómeno vital.

Para por fin a esa carencia, Gómez Márquez propón un conxunto de principios (denominados os sete mandamentos da vida) que serven, xuntamente coas leis universais da Física e a Química, para explicar o fenómeno vital desde unha perspectiva evolutiva. Ademais, procura dar resposta a algunhas das cuestións fundamentais da Bioloxía -como  que é a vida; se os virus son seres vivos, ou como sería a vida noutros planetas- ao tempo que propón a creación dun cuarto dominio denominado Lithbea para incluír os virus e a toda a panoplia de novas criaturas fabricadas no laboratorio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2022.