Ir o contido principal

Obradoiro infantil

‘A vida nace baixo os nosos pés: vén a coñecer o solo’

Sábado 25, ás 11.00 horas

Museo de Historia Natural
Santiago

A actividade está impartida polo biólogo Xabier Santiso

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

O obradoiro infantil ‘A vida nace baixo os nosos pés: vén a coñecer o solo’, impulsado polo Museo de Historia Natural da USC, desenvolverase o vindeiro sábado 25 entre as 11.00 e as 13.00 horas. A actividade será impartida polo biólogo Xabier Santiso e para tomar parte na mesma é preciso cubrir este formulario de inscrición

A finalidade desta iniciativa consiste en que o alumnado aprenda a diferenciar solos vivos do entorno natural de solos mortos dos entornos edificados. Coñecer a diversidade e importancia dos seres vivos e materia inorgánica dos solos; entender o solo como unha entidade viva, interdependente e dinámica; comprender o fluxo de materia na cadea trófica; ou observar a diferente capacidade de retención de auga dos diferentes solos.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.01.2020.