Ir o contido principal

Xornada en liña

'VII Xornada de Usuarios de R en Galicia'

15.10.2020 | 09.00h

En liña

Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, patrocinada por AMTEGA e coa colaboración da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e da Facultade de Matemáticas da USC

Cartel da xornada
Cartel da xornada

A 'VII Xornada de Usuarios de R en Galicia' trata de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións, e pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Esta edición será online a través de Zoom e YouTube, polo que non será necesario realizar inscrición previa. 

As persoas que desexen obter un certificado de asistencia á xornada deben seguila na plataforma Zoom, que require rexistro (de balde), e participar cando menos durante o 70% da duración dos relatorios previstos. 

As persoas que non precisen un certificado de asistencia poderán seguir a xornada en directo desde a canle de YouTube oficial das xornadas de usuarios de R en Galicia, sen necesidade de rexistro ou identificación.

O programa contempla diversos relatorios ao longo de todo o día, e durante a xornada tamén haberá un espazo adicado a traballos relacionados coa COVID-19. Toda a información sobre o evento pode consultarse nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2020.