Acción desenvolvida e financiada no marco do Grupo de Investigación EcoPast (Pilar Prieto Martínez, Guadalupe Castro González e Antonio Martínez Cortizas)

As 'VII Xornadas de Arqueometría en Galicia. Entre o ritual e o mundano', iniciativa que leva activa dende o 2014, preocúpanse pola divulgación da investigación desenvolvida nestes ámbitos científicos, e están destinadas a estudantes de arqueoloxía (grao, máster e doutoramento) e especialistas en patrimonio cultural (empresas e investigadores). Podes consultar o programa completo aquí.
Este ano, as datas de celebración son o 20 de outubro, en horario de 15.30 a 20.30 horas, e o 3 de novembro de 2021, en horario de 9.00 a 14.00 horas, en ambos casos no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC ou en liña.
A asistencia é libre baixo inscrición, que deberá formalizarse o día que comezan os eventos no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
Estas xornadas forman parte da actividade de doutoramento do Programa de Doutoramento de Historia, Xeografía e Historia da arte, que se desenvolverá no curso 2021-2022, polo que o alumnado de doutoramento que desexe asistir oficialmente debe facer os trámites posteriores oportunos para a súa convalidación.