Organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

O vindeiro luns, 17 de abril, preséntase a oitava edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 11.00 horas no Auditorio da Facultade e contará coa presenza da vicedecana do centro, Alba Silva Rodriguez; do director de zona de Abanca en Santiago, Ramón Mariño; e de Xaime Leiro, membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Ao remate das intervencións presentarase o traballo gañador da pasada edición 'Notas á marxe', por parte das súas responsábeis Belén Rodríguez Teiga e Carmen Novo Castiñeiras.