Ir o contido principal

Entrega de galardóns

VIII Edición dos Premios Valentín Paz Andrade

02.03.2022 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

O reitor Antonio López presidirá a entrega dos galardóns da VIII edición dos Premios Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia.


Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite

No acto, intervirán tamén o presidente do Consello Económico e Social de Galicia (CES), Agustín Hernández Fernández; e a directora do IDEGA, María Dolores Riveiro García. 

O secretario do CES, Manuel Martínez Varela, será o encargado de proceder á lectura da acta do xurado do premio, que este año recoñece a publicación 'El impacto del Camino de Santiago a escala local: la percepción de los residentes de dos municipios gallegos', (2021) da que son autores Diana Fernández, Melchor Fernández e Dolores Riveiro; e a tese 'Análisis de la eficiencia de los centros especiales de empleo en Galicia: Visión económico-financiera y social'  de  Juan Torrelles Manent.

Estes galardóns están convocados conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o IDEGA, co obxecto de premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2023.