Ir o contido principal

Congreso

VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia

14.10.2021 | 09.00h

Presencial/ En liña

Evento organizado pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia)

Cartel do evento
Cartel do evento

A VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 14 de outubro de 2021. Como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Para participar realizando un relatorio tes toda a infomación nesta ligazón, sendo o 19 de setembro a data límite para o envío de resumos. Todos os traballos aceptados serán editados con posterioridade no Libro de Actas da xornada, que estará dispoñible desde esta web. 

Para dúbidas e suxestións hai habilitado un formulario de contacto

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2021.