Ir o contido principal

Conferencia

'A violencia no País Vasco no tempo da democracia'

03.05.2022 | 12.00h

Aula 11
Santiago de Compostela

Fernando Molina, profesor e investigador da UPV, pronunciará esta conferencia organizada conxuntamente polos grupos Histagra

Detalle da capa do libro 'ETA: Terror y Terrorismo'
Detalle da capa do libro 'ETA: Terror y Terrorismo'

Os grupos de investigación do Departamento de Historia da USC, Histagra e Hispona organizan a conferencia 'A violencia no País Vasco no tempo da democracia. Reflexións ao fío de ETA: Terror y Terrorismo (Madrid, 2021)', un relatorio arredor do último libro editado polo investigador  Fernando Molina Aparicio, da Universidade do País Vasco en colaboración con Rafael Leonisio e Diego Muro.

O acto, que se celebrará na Facultade de Historia (Aula 11) o martes día 3 de maio de 2022 será presentado polos profesores Xosé Manoel Núñez Seixas e Antonio Míguez Macho.

O  libro

ETA forma parte da memoria colectiva das españolas e españois que cohabitaron nas súas diversas xeracións no últimos setenta anos. A investigación científica sobre esta organización, a súa práctica da violencia e o terror, o seu substrato sociolóxico e a súa influencia na política española é inxente e este libro demostra que segue en construción. Durante décadas esta organización terrorista foi contemplada como virtualmente imbatible, nun curso de estratexias terroristas e contraterroristas cambiantes e nun contexto no que a súa violencia afectou extraordinariamente a convivencia política en España e, moi especialmente, no País Vasco. Con todo, ETA foi derrotada policialmente e na actualidade o debate público céntrase en definir o seu curso histórico, as razóns da súa derrota e a natureza do seu recordo colectivo.

O relator

Fernando Molina Aparicio é Investigador Doutor Permanente no Departamento de Historia Contemporánea da Universidade do País Vasco- Euskal Herriko Unibersitatea. É autor, entre outros libros, La tierra del martirio español (Madrid, 2005), Mario Onaindia. Biografía patria (Madrid, 2012) e coeditor (junto a Rafael Leonisio e Diego Muro) de ETA's Terrorist Campaign. From Violence to Politics (Londres, 2017), ETA: Terror y Terrorismo (Madrid, 2021). Ten publicado numerosos artigos en revistas nacionais e estranxeiras como Ayer, Historia y Política, Historia Social, Social History, European History Quarterly, Ethnic and Racial Studies, Nations and Nationalism, National Identities, etc. É Investigador Principal do proxecto Nacionalización, Estado e Violencias Políticas ( NAEVIO) do MINECO e docente da Facultade de Ciencias Sociais da EHU. Foi responsable do Master de Historia Contemporánea e no curso 2018-19 foi coordinador xeneral do Master Interuniversitario de Historia Contemporánea, que integra os másteres das universidades de Santiago de Compostela, Zaragoza, Cantabria, Valencia, Autónoma de Madrid, Autónoma de Barcelona, Complutense e UPV/ EHU.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2022.