Esta conferencia forma parte da primeira edición virtual do workshop anual do CiMUS, orientado a compartir resultados e fomentar sinerxias

A profesora Ana Fernández-Sesma, especialista en microbioloxía e enfermidades infecciosas, traballa no Hospital Mount Sinaí de Nova York. Será a encargada de impartir a conferencia maxistral 'Viral strategies of immune evasion: feeling the STING' na primeira edición en liña do workshop anual do CiMUS, que concentra o máis significativo do traballo dos investigadores máis novos do centro.
Os avances máis relevantes en áreas como oncoloxía, cardiometabolismo, neurociencias, xenómica ou descubrimento de fármacos vertebrarán o programa do taller anual do CiMUS, que tamén contará coa conferencia a cargo da experta, considerada unha das cinco mellores investigadoras de microbioloxía financiada por el NIH (National Institutes of Health).
Fernández-Sesma é licenciada en Bioloxía pola Universidade de Salamanca, realizou a súa tese na Icahn School of Medicine do Mount Sinaí, en Nova York, e na actualidade dirixe un grupo de investigación sobre cómo os virus afectan ao sistema inmune das persoas. A súa intervención no workshop do CiMUS centrarase en explicar o estudo das estratexias para evadir barreiras inmunolóxicas que empregan certos virus que afectan a humanos.