27.10.2023 | 20.00h
O pintor José Méndez Rodríguez 'Pitelos' ofrece unha visita guiada por esta exposición

A Igrexa da Universidade acolle ata o 10 de novembro a exposición 'CONSTELATIO', unha mostra na que o pintor José Méndez Rodríguez 'Pitelos' reúne máis dun cento de artistas do panorama creativo galego a través de retratos, esculturas, ornamentación e 'Ovos Vitae'.
Ao longo do seu período expositivo , a mostra ofrecerá un amplo programa de visitas guiadas dramatizadas da man de artistas da contorna teatral galega. O 27 de outubro ás 20 horas, o autor ofrecerá unha visita guiada á exposición con entrada de balde.