Ir o contido principal

Exposición 'CONSTELATIO'

Visita teatralizada con Guillermo Carvajo

18.10.2023 | 18.00h

Santiago de Compostela

O actor Guillermo Carvajo conduce unha visita dramatizada á exposición do pintor José Méndez Rodríguez 'Pitelos'

Guillermo Carvajo conduce unha das visitas guiadas á exposición 'CONSTELATIO'
Guillermo Carvajo conduce unha das visitas guiadas á exposición 'CONSTELATIO'

A Igrexa da Universidade acolle ata o 10 de novembro a exposición 'CONSTELATIO', unha mostra na que o pintor  José Méndez Rodríguez 'Pitelos' reúne máis dun cento de artistas do panorama creativo galego a través de retratos, esculturas, ornamentación e 'Ovos Vitae'. 

Ao longo do seu período expositivo , a mostra ofrecerá un amplo programa de visitas guiadas dramatizadas da man de artistas da contorna teatral galega. O 18 de outubro ás 18 horas, o actor Guillermo Carvajo ofrecerá unha performance sobre 'CONSTELATIO' con entrada de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2023.