Ir o contido principal

Xornadas

'Un solo vivo no Museo da Biodiversidade'

02.12.2021 | 10.30h

Museo de Historia Natural

Organizado pola Delegación Territorial da Sociedade Española da Ciencia do Solo de Galicia en colaboración co Museo de Historia Natural da USC e o IIAG-CSIC con motivo do Día Mundial do Solo

Museo de Historia Natural. Foto: Andrés Fraga
Museo de Historia Natural. Foto: Andrés Fraga

Ao abeiro da celebración do Día Mundial do Solo, o Museo de Historia Natural da USC acolle o 2 de decembro a xornada 'Un solo vivo no Museo da Biodiversidade', un acto co que se busca chamar a atención cara á gran biodiversidade que habita no interior do solo e cara aos ecosistemas que dela se derivan. 

O acto inagural comezará ás 10.30 ás 13.15 horas e contará, entre outros, coa presenza de Vicente Pérez Muñuzuri, Vicerreitor de Investigación e Innovación de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), Jorge Mataix-Solera, Presidente da Sociedade Española da Ciencia del Suelo (SECS, UMH), Concepción Sánchez Fernández, Directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-SIC) e Jorge Luis Marquínez García, Director Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación (Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico).  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2021.