14.12.2021 | 13.00h
Organizado polo Grupo Histagra

A Facultade de Xeografía e Historia acollerá o martes, 14 de decembro, a presentación do libro Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, un volume homenaxe ao historiador Ramón Villares editado por Aurora Artiaga, Xesús L. Balboa, Lourenzo Fernández Prieto e Eduardo Rico e publicado por Xerais.
O acto, que comezará ás 13.00 horas na Sala de profesorado, estará presidido polo decano da facultade, Marco V. García Quintela, e contará coa participación de Lourenzo Fernández Prieto, en representación do equipo editorial, de Concha Varela, unha das autoras da publicación e do homenaxeado, Ramón Villares.