Ir o contido principal

Seminario

A vulnerabilidade das mulleres e das nenas ante a violencia sexual

24.03.2022 | 16.30h-19.30h

Organizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Facultade de Dereito da USC

Seminario 'A vulnerabilidade das mulleres e das nenas ante a violencia sexual'
Seminario 'A vulnerabilidade das mulleres e das nenas ante a violencia sexual'

O xoves 24 de marzo, o Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC acollerá o seminario 'A vulnerabilidade das mulleres e das nenas ante a violencia sexual', unha actividade organizada conxuntamente polo TSXG e a Facultade. 

Ás 16.30 h arrancará unha sesión de conferencias que contará coa presenza do presidente do TSXG, José María Gómez-Díaz Castroverde e da decana da Facultade, Ana Gude Fernández. A mesa redonda 'Unha visión dende o axuizamento', moderada pola profesora titular de Dereito Penal da USC, María Inmaculada Valeije Álvarez,  abrirá o programa coas intervencións dos relatores Ignacio Picatoste Sueiras, presidente da Audiencia Provincial da Coruña; e Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas, profesor titular de Dereito Penal da USC. 

Tras o coloquio, chegará a quenda para a segunda mesa que, baixo o título 'Unha visión desde o procedemento' e moderada por Ángel Pantín Reigada, presidente da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, contará coas invervencións de María Lourdes Noya Ferreiro, profesora titular de Dereito Procesual da USC; e Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela. 

A participación no seminario é de balde previa solicitude de inscrición que debe ser enviada ao correo zderdeca [at] usc.es (zderdeca[at]usc[dot]es) ata o 22 de marzo. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2022.