11.12.2020 | 10.30h
Actividade organizada pola Comisión de Xénero da Facultade de Formación do Profesorado

O relatorio en liña 'A trata: unha forma de violencia de xénero', impartido por Daniel Bóveda Castro, coordinador da ONG ACCEM Vigo, é unha actividade de sensibilización sobre o fenómeno da trata de seres humanos co gallo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O conferenciante suxire ver a seguinte a curtometraxe 'A muller invisible' antes da sesión, que poderá seguirse en directo nesta ligazón.