Ir o contido principal

Webinario 'Impacto da Lei europea de Intelixencia Artificial no xornalismo'

14.03.2024 | 16.00h-17.45h

En liña

No evento analizaranse o efecto e a incidencia da nova norma sobre os medios

No webinario participa profesorado da Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
No webinario participa profesorado da Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

A repercusión e impacto da nova Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea sobre os medios de comunicación será o tema que abordará un webinario en liña que se celebra este xoves 14 de marzo entre as 16.00 e as 17.45 horas, e que conta coa participación de persoas expertas na materia e profesionais do sector. A inscrición é totalmente gratuíta e as persoas asistentes que se matriculen con antelación poderán recibir un certificado de concorrencia.

A xornada é coorganizada polo proxecto de investigación da USC, Valcomm, centrado no estudo dos medios de servizo público; a Fundaciò da Universitat Politécnica de Catalunya, e RTVE Instituto. O webinario fraccionarase en tres mesas de debate para tratar temas de interese relacionados con esta nova lexislación

A apertura será ás 16.00 horas coa participación da directora do Gabinete de Presidencia de RTVE, Verónica Ollé, e o catedrático de Xornalismo da USC Miguel Túñez. A primeira mesa de debate comeza ás 16.15 horas baixo o lema 'A Lei de Intelixencia Artificial. Como afecta os medios?'. Nela participan Juergen Foecking, director adxunto da Oficina do Parlamento Europeo e Luís Miguel Macho, catedrático de Dereito da USC, coa moderación de Verónica Ollé, directora do Gabinete de Presidencia de RTVE.

Ás 16.45 horas comeza a mesa 'Lexislación, Medios e protección de Dereitos Fundamentais' con Luís Antonio de Salvador Carrasco, director da División de Innovación da Axencia Estatal de Protección de Datos (AETPD) e Idoia Salazar, presidenta e cofundadura do Observatorio do Impacto Ético e Social da Intelixencia Artificial (OdiseIA). Modera: Cristina Bravo, directora de RTVE en Castela A-Mancha.

A terceira mesa empeza ás 17.15 horas e titúlase 'Innovación en IA e oportunidades para os medios'. Nela participan Juan Llorens, catedrático de Ciencias de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Carlos III de Madrid e Carmen Pérez Cernuda, subdirectora de Estratexia tecnolóxica e Innovación Dixital de RTVE e coordinadora de proxectos de IA en RTVE. Modera: Francesc Tarrés, doutor en Telecomunicacións (UPC) e responsable do grupo EETAC-UPC.

Ás 17.45 horas será a clausura, coa participación de Pere Vila, director de Estratexia Tecnolóxica de RTVE; Miguel Túñez, catedrático de Xornalismo da USC e Sara Martín Olmo, directora de RTVE Instituto. Modera David Corral, responsable de Innovación en RTVE e presenta Cristina Bravo, directora de RTVE en Castela A-Mancha.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2024.